viernes, 14 de diciembre de 2012

Marvel NOW!

Parvo non, o seguinte teño que ser para poñerme a escribir acerca de Marvel NOW! a estas alturas da historia e coa de xente que xa o explicou, pero non podo deixar morrer o blogue e non se me ocorre de que outra cousa podo escribir.

Fai pouco máis dun ano DC levou a cabo un relanzamento de tódalas súas series regulares obtendo uns resultados do máis diversos. Cando este relanzamento cumplía un ano e en Marvel acabou o evento do ano (Vengadores vs X-Men) comezaba Marvel NOW!, iniciativa que pretendía que novos lectores se animasen; os rumores correron como a pólvora pero co tempo todos se desmentiron, Marvel non olvidou toda a historia tralos seus personaxes senón que recolocou as fichas no taboleiro de maneira que empezasen nunha nova situación e que os novos lectores puidesen achegarse a personaxes cunha grande historia ás súas costas sen que resultase complicado.

Que cambios achegou esta revolución á Casa das Ideas? A maioría das series foron canceladas, os equipos creativos cambiaron, e as cabeceiras renovaronse. Así temos que cabeceiras como Wolverine ou Amazing Spiderman rematan para deixar espazo a novas series.

Funcionou?

Personalmente penso que permite que xente que non leu nunca nada dun personaxe se achegue a eles.
En canto á calidade das novas series temos resultados moi diversos (ó igual que co relanzamento deceíta) mentres Thor está tendo unha gran aceptación, X-Men legacy está a recibir unhas terribles críticas.

Para ver ó resultado final deberemos esperar un aniño e ver como avanzan as cousas e observar a evolución das historias, tanto das series que xa comezaron como as poucas (as máis agardadas coa nova situación de Vendagores e X-Men  xa saíron nestes meses), pero non por iso pouco interesantes que quedan por sair.

Dato: Se é certo que haberá que esperar, xa temos algo bo; as portadas de Young para as novas series <3
Portadas para Superior Spiderman (á venda en Xaneiro) e Thunderbolts (xa á venda).

No hay comentarios:

Publicar un comentario